3 de Novembro de 2009

.

silencio. e pégame na cara o sol.
tan bonito entre as nubes bravas.

o puto sol do outono.
tan bonito, tan bonito, que me jode a vida.

25 de Outubro de 2009

cancións.

non atopo ningunha canción que me deprima tanto como para sentirme comprendida.
acepto suxerencias.

20 de Outubro de 2009

as penas falan de ti.
e os poemas...
tamén falan de ti.
e tu? de qué coño falas tu?

13 de Outubro de 2009

.

non dubides que me iría
se quixese.
pero non quero...
e mira que me jode.

7 de Outubro de 2009

.

o outono tráeme a marabilla
do sol despois do diluvio
ás seis e media da tarde.
e tódalas cores do verán mollado.

5 de Outubro de 2009

os eidos.

chove para que eu soñe...

Uxío Novoneyra.

4 de Outubro de 2009

.

non sei se é o outono, a chuvia ou a resaca...
pero qué tristura tan grande.

7 de Setembro de 2009

...

qué lle vou facer...
virán outros
anque non sexas tu.

6 de Setembro de 2009

dáseme fatal o outono, déuseme sempre.

2 de Setembro de 2009

.

resaca sentimental...